Cátering para hospitais

O benestar dos pacientes, a nosa máxima preocupación

Ofrecemos unha dieta personalizada segundo a prescrición médica de cada paciente para unha rápida recuperación.

CONTACTA

O valor de darche máis

O noso compromiso co paciente e co cadro de persoal sanitario consiste en ofrecer unha dieta saudable, adaptada a todas as necesidades, co mellor servizo e a máxima calidade.

Somos expertos en dietas hospitalarias, adaptamos cada menú ás necesidades de cada paciente. O noso equipo de especialistas en dietética e nutrición encárgase de ofrecer o menú que precisan os pacientes.

Queres obter máis información sobre os nosos servizos de restauración en hospitais?

Un enfoque centrado na persoa

Nos nosos centros sanitarios, o noso equipo de profesionais esfórzase por converter a hora da comida nun momento agradable durante a estancia hospitalaria.

Traballamos para humanizar os nosos servizos, achegando os sabores e aromas da casa á experiencia culinaria.

Facemos que a estancia no hospital sexa máis agradable e cálida, en datas especiais, gozando de menús temáticos para os pacientes.

Ademais, ofrecemos especial atención aos familiares dos pacientes e ao cadro de persoal sanitario nas nosas cafetarías e comedores hospitalarios.

A seguridade impórtanos

Todo o proceso de elaboración, empratado e distribución dos nosos menús ten como obxectivo que a comida chegue perfecta ao paciente

Esixentes cos nosos provedores

O noso esixente proceso de avaliación de provedores (Sistema Propio Integrado de Calidade e Medio Ambiente; SICMA) permítenos o control exhaustivo das materias primas

Comprometidos co medio ambiente

Dámoslle prioridade á compra na contorna máis próxima, por iso o 80 % dos nosos provedores son locais

Produtos de primeira calidade

Na nosa aposta pola introdución de produtos de primeira calidade, ofrecemos unha maior variedade nos nosos menús, adaptando a alimentación a cada paciente

Unha colaboración continua

O noso equipo especializado de dietistas-nutricionistas traballa en colaboración cos especialistas médicos para ofrecer unha dieta segundo a prescrición médica de cada paciente

Outros servizos en hospitais

ORGANIZACIÓN DO SERVIZO

A pedra angular que serve de guía para o servizo do hospital

A persoa xestora encárgase de coordinar ao equipo de Ausolan no hospital para que todo flúa. Preocúpase por organizar, solucionar e sacar adiante o día a día do centro con eficacia, garantindo un servizo excepcional.
Contamos en cada hospital cun equipo especializado en nutrición e dietética que colabora co cadro de persoal médico para adaptar a alimentación dos pacientes ás súas necesidades terapéuticas.

  • 01/ Anticipa necesidades
  • 02/ Garante o servizo
  • 03/ Organiza plans de traballo
  • 04/ Resolve incidencias
  • 05/ Implanta o plan de calidade
  • 06/ Garante a cobertura do cadro de persoal
  • 07/ Ten comunicación directa co cliente
  • 08/ Propón e implanta o plan de formación
  • 09/ Mantén unha supervisión constante do servizo
  • 10/ Conecta o centro, o equipo de Ausolan e os seus departamentos

Queres obter máis información sobre os nosos servizos de restauración en hospitais?

Dinos que precisas