Ausolan é un proxecto compartido, onde cada paso de hoxe nos achega ao futuro que xuntos estamos construíndo. 

Dentro do plan estratéxico 2025-2028 fixemos unha pausa para reflexionar: por que estamos aquí?, que principios nos inspiran?, cara a onde queremos dirixirnos como organización?

Froito desa reflexión actualizamos a nosa Misión, Visión e Valores. Quixemos manter a esencia que nos define, pero adaptándoa á realidade actual e aos retos do día de mañá.

“A cooperación é a poderosa panca que multiplica as nosas forzas”. – J. M. ARIZMENDIARRIETA

Misión

A nosa Misión, iso que facemos cada día ou o que é o mesmo, o propósito fundamental da nosa empresa. Que facemos? Para quen o facemos?

Achegámoslles valor aos nosos clientes xerando confianza a través da nosa profesionalidade, proximidade e cumprimento da palabra.

Unha forma de ser e de facer que crea relacións duradeiras grazas a un proxecto socioempresarial inspirado en valores cooperativos.

Visión

É a aspiración da nosa empresa. É a onde queremos chegar a longo prazo. Que queremos lograr no futuro?

Inspíranos unha Ausolan forte e comprometida, que preserva o noso legado a través de resultados que garanten un mellor futuro e suman ao benestar da sociedade.

Valores

Estes principios que nos guían no día a día. Márcannos como facemos o noso traballo, como nos relacionamos coas persoas e como tomamos decisións. Definen a nosa cultura e a nosa forma de traballar:

Alma: Somos alma cooperativa

Implicámonos en todo o que facemos porque nos importan as persoas.

A nosa capacidade para traballar, cooperar e empatizar, tanto dentro de Ausolan coma cos clientes, é a clave do noso éxito.

Palabra: Somos de palabra e de cumprir con ela

Ofrecemos un servizo, onde a calidade e a proximidade nos permiten forxar relacións duradeiras baseadas na confianza.

Afrontamos cada día con profesionalidade e implicación, poñendo o maior esforzo en lograr un resultado capaz de superar as expectativas.

Acción: Somos de resolver, de solucionar, de dar o paso

De ter iniciativa e de ofrecer solucións innovadoras no día a día dos nosos clientes.

Facemos nosos os seus retos traballando con flexibilidade para adaptarnos axilmente ás súas necesidades.